Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de noviembre de 2016

PRESENTACIÓN DO LIBRO "FUNDACIÓN MANOLO PAZ, ARTE CONTEMPORÁNEO"










Esta tarde terá lugar a presentación do libro Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo ás 17.00 horas na propia Fundación.
O libro recolle a traxectoria da Fundación desde a súa apertura así como unha variada selección de textos e imaxes arredor da obra de Manolo Paz.
A Fundación Manolo Paz serve así para vehicular a conservación dun dos mellores traballos artísticos desenvolvidos en Galicia nas últimas décadas, do mesmo xeito que para axudar na documentación e estudo da obra.Aparece tamén como un dos espazos imprescindibles para a arte non só galega senón española e internacional, aloxando unha das máis interesantes coleccións de escultura en espazo natural e seguindo un camiño no que a arte e a terra se aúnan para amosar o espazo de comuñón e símbolos propios, á vez que explorando todas as posibilidades conceptuais, técnicas e formais do noso tempo.
A presentación contará coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, D.Román Rodríguez González, e o secretario xeral de Cultura D.Anxo M.Lorenzo Suárez.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.