Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de noviembre de 2016

"OS TRABALLOS E OS DIAS" DE PACO LEIRO PÓDESE VISITAR EN PONTEVEDRA














Abanca, en colaboración con Afundación e Arraianos Producións, presenta desde onte xoves 3 de novembro en Pontevedra a exposición "Os traballos e os días, de Francisco Leiro", que ofrece a posibilidade de gozar da obra dunha das grandes figuras do panorama da arte galego actual e tamén ser testemuñas excepcionais do seu proceso creativo entre Cambados, Madrid e Nova York. A exposición reúne oito esculturas e cinco traballos en papel producidos desde os anos noventa ata a actualidade que forman parte das coleccións de arte de Abanca e Afundación.

Entre as obras seleccionadas atópanse algunhas tan significativas como as catro "Recolectoras" (2003) ou "Fauno" (2007), cinco pezas en madeira en gran formato que alcanzaron un verdadeiro status simbólico na escultura galega contemporánea. O seu traballo en granito, outro dos materiais de referencia na súa produción artística, tamén está reflectido na mostra coa escultura "Cabeza", de 1988.

O proxecto expositivo enriquécese cun interesante material multimedia procedente do documental "Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro", escrito e dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións. Unha serie de fotografías en gran tamaño e unha peza audiovisual sobre cada un dos seus tres lugares de traballo ofrécennos unha visión inédita tanto do artista como do seu proceso creativo, que se desenvolve entre Cambados, Madrid e Nova York.

É a primeira vez que o artista abre as súas portas a un equipo audiovisual, polo que o proxecto ofrécenos unha oportunidade única de ser testemuñas desde un punto de vista persoal e íntimo de como leva a cabo a súa produción o artista galego con maior proxección internacional na actualidade.

Como peche do percorrido inclúense unha serie de fotografías de obras de Francisco Leiro que se poden contemplar en diferentes puntos da cidade de Pontevedra, como exemplo da importancia que ten na súa traxectoria a escultura civil.

A exposición poderá visitarse ata o 28 de xaneiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.