O venres 4 en Exposalnés, inauguración da Exposición de Abel Barandela "Luces, Costume e viño”.
As creacións de Abel Barandela constitúen unha colección de cadros coloristas nos que predomina unha visión costumista. Na exposición "Luces, costumes e viño tinto" tamén se pode apreciar a técnica do viño tinto ou "enopintura mixta", pigmentación extraída dos pousos do viño convenientemente tratado.
Abel Barandela (Ourense, 1972) é un pintor afincado na comarca do Salnés. Desde neno sobresaíu no mundo do debuxo obtendo varios premios infantís en actividades extraescolares na cidade de Ourense. De adulto compaxinou a pintura con outros labores en distintos puntos da xeografía española.
Participou en feiras e exposicións internacionais como a de Laren, en Holanda, Estrasburgo, en Francia e a de Vila Nova de Famalicão en Portugal. Tamén realizou un taller no que mostrou o seu particular técnica, a enopintura, en Porto, Portugal. Trátase dun pintor innovador que, a partir do ano 2008 desenvolve a súa peculiar técnica co pouso do viño, coa que espertou o interese do público, da prensa e de varios programas de televisión.
Participou tamén en certames e concursos nacionais como o de BMW España, Caixa España ou certames de pintura rápida como o Cidade de Pontevedra, onde que foron seleccionadas as súas obras.
de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.
Sábados e festivos de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.
Domingos de 10.30 a 14.00 horas.
Ata o 11 de decembro.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.