Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de noviembre de 2016

CAEN AS FELICITACIÓNS PARA CAMBADOS









Eran cerca das 3 da mañán cando Cambados resultou gañadora na eleción de  Cidade Europea do Viño 2017. O anuncio fíxose durante unha gala celebrada pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) e que tivo lugar en Palmeira, no país veciño de Portugal. 

Cambados superou así outras vilas españolas de gran peso vitícola como Aranda del Duero (Burgos), Villafranca del Penedés (Barcelona) e La Palma del Condado (Huelva).

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou o gran peso que ten a comarca do Salnés, en xeral, e Cambados, en particular, como zona vitivinícola de Galicia, sendo a rexión máis destacada de produción dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A de Medio Rural xa mandara no seu día unha carta de apoio a esta iniciativa como destino turístico vinculado á viticultura, xa que o seu peso dentro deste sector é importante. Engadir a esta felicitación a da Deputación, a de concellos de todo Galicia e do resto do estado, medios de comunicación, empresas, xente anónima e xente da cultura, do deporte e de todos os gremios


Grazas a este distintivo, Cambados e a Mancomunidade do Salnés poderán seguir presumindo da calidade dos seus viños e ofrecer no vindeiro ano unha serie de actividades vinculadas á enoloxía e ao enoturismo. Incluso contempla accións internacionais xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas que consisten nun intercambio con Irlanda.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.