Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2016

"O DIA DO PAI" ESTE SÁBADO NO CICLO DE OUTONO DE TEATRO DE CAMBADOS















No ciclo de teatro de outono que programa o Concello de Cambados este sábado 23 poderase ver a obra " O Dia Do Pai" da Compañía MALASOMBRA.
 A partires das 19:00 horas no Auditorio da Xuventude.


Tres homes de aspecto e condición social moi distintos, foron citados nunha clínica de reproducción asistida.
Descoñecen o motivo, pero sospeitan -temen- que foron citados para seren obxecto dunha proba de paternidade. Están convencidos de que non teñen  nada en común, pero han descubrir axiña que os tres mantiveron unha relación coa mesma muller que os vai someter a unha delirante “proba de paternidade”.
Manuela decidiu ser nai solteira e busca un pai solteiro. Cal dos tres será o máis axeitado para converterse en pai?
“O Día Do Pai” é unha comedia trepidante sobre esta singular loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. Todos loitarán por conseguir o mesmo obxectivo. Pero, quen será o máis axeitado?   
Selección natural nunha clínica de reproducción artificial.
Pero, de verdade: ¿Por que os homes queren ser pais?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.