Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2016

REMATE DAS ACTIVIDADES DE VERÁN NA BIBLIOTECA LUÍS REI









A Biblioteca Municipal Luís Rei despediu esta semana a programación de actividades infantís que este verán tiveron lugar entre os meses de xullo e agosto. Este ano sumouse a pintora Emérita Méndez, autora do cartaz da Festa do Albariño do 2016, que levou a cabo un obradoiro de pintura creativa para unha decena de rapaces.
O martes 30, a partir das 13.00 horas, os alumnos amosaron os seus traballos na zona infantil da Casa dos Fraga, agardando fosen do interese de todas aquelas persoas que se achegaron a vela. Dado o éxito desta iniciativa estase proxectando unha nova edición que dará comezo xunto co resto de actividades que a Biblioteca está a organizar de cara ao vindeiro outono-inverno.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.