Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2016

QUE FAGO DA MIÑA VIDA? UN PROXECTO CAMBADÉS PREMIADO POLA XUNTA












Estes últimos días comezou a circular pola rede un vídeo (https://www.facebook.com/quefagodaminavida/videos/572164882986359/) no que se facía a varios rapaces e rapazas da vila a seguinte pregunta: que vas facer da túa vida? 
Estes rapaces e rapazas dubidan e non semellan ter moi claro o seu porvir. O obxectivo da agrupación xuvenil Efervescencia Mental, e o seu proxecto Que fago da miña vida,  é disipar, precisamente, estas dúbidas.

QFDMV trátase dun proxecto premiado polo programa Interacción Xuvenil da Xunta, pensado por e para os xóvenes de eiquí. Poucos detalles se coñecen até o momento. Tan só a intención deste colectivo de tender lazos entre os mozos e mozas da comarca e propiciar intercambios positivos entre os mesmos. 
Para ir coñecendo máis detalles de proxecto, os interesados poden visitar  e seguir a páxina de facebook (facebook.com/quefagodaminavida). 
Algo grande estase a cocer... E ti? xa sabes que facer da túa vida?







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.