Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2016

NOVOS CURSOS DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS








A provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de setembro, os obradoiros do programa "SmartPeme" que se desenvolverán nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole en horario de 19.00 horas. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas.

En Cambados, se realizarán 6 obradoiros no Centro ExpoSalnés. 

As quendas desenvolveranse tamén en horario de 19:00 horas: 

o xoves 8 de setembro, "Como facer unha campaña de publicidade exitosa en 

Google?". 

O venres 16 de setembro, "Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio". 

O luns 19 de setembro, "Fotografía e vídeo para espazos interiores". 

O xoves 22 de setembro, "A túa páxina web con WordPress". 

O martes 27 de setembro, "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais". 

Por último, o venres 30 de setembro, "LinkedIn: a túa rede de networking". A 

oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da 

Calzada, s/n.

As inscricións a todos eles se realizarán no número de teléfono 886 20 20 20.


Lembramos que o novo proxecto SmartPeme, en palabras da presidenta da Deputación na presentación do proxecto aos concellos celebrada a finais do pasado mes de xuño, "é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos".  Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Máis información









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.