Pasadas a unha e media da tarde, rexistrouse un accidente de tráfico en Cambados. O suceso ocorreu na PO-300, á altura do cruzamento de Vilariño, no que se viron implicados un turismo e un camión. A condutora do Seat Ibiza, T. C. E. de 23 anos foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor na clavícula, cortes e dor cervical, segundo informou Protección Civil de Cambados. O condutor do camión, A.M.S.G. resultou ileso. Dase a circunstancia que nun radio de 100 metros na zona na que se produxo este accidente hai media ducia cada ano. Todos de pouca gravidade, pero que a nin a antigua corporación local puido arranxar e a actual sigue polo mesmo camiño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.