Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2016

A INACCIÓN DE FOMENTO FAI QUE A DEPUTACIÓN ASUMA COMPETENCIAS ALLEAS











Carmela Silva deu a coñecer a aparición de restos correspondentes a, probablemente, outros dous bebés, e manifestou que se trasladarán a un laboratorio de Miami para a realización de probas do Carbono 14 e coláxeno
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou esta mañá que "tras ter remitido unha segunda carta ó Ministro de Fomento e non obter ningún tipo de resposta relativa ás tarefas que lle corresponde no marco do protocolo entre ambas institucións, asinado en marzo de 2015, para a posta en valor de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia, vémonos obrigados a paralizar os traballos na Lanzada e asumir competencias que lle correspondían directamente ó Goberno de España".
Carmela Silva amosou a súa "enorme preocupación" ante esta inacción do Ministerio de Fomento que, pese a ter desde o 2015 asignados a este proxecto 4 millóns de €, "non fixeron absolutamente nada". Segundo indicou a presidenta da Deputación a única actuación que puxeron en marcha foi sacar un concurso público e adxudicalo a unha empresa para a redacción do proxecto de consolidación, sinalización e musealización dos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia.  Pese a elo, "a empresa á que se lle adxudicou o contrato, tal e como nos indicaron desde o propio Ministerio de Fomento, non asinará o contrato ó menos ata xaneiro de 2017 estendendo ata finais de ano ou comezos de 2018 as tarefas a acometer na nosa provincia".
A falta de reacción por parte de Fomento, tal e como manifestou Silva, "obrigounos a parar de traballar na Lanzada. Desde as oito da mañá de onte o persoal que traballaba na Lanzada dividiuse en dous grupos para ocuparse das tarefas de limpeza e conservación preventiva no Trega e Alobre, obrigatorias antes de proceder á consolidación e que lle correspondían a Fomento".  Segundo informou a Presidenta da Deputación, "vémonos obrigados a destinar os recursos que estaban asignados ó resto dos castros do protocolo para poder realizar os proxectos de consolidación e as tarefas de limpeza e conservación nos xacementos xa escavados, porque non podemos permitir que coa chegada das chuvias do outono e do inverno todo o traballo realizado se perda".
Con respecto á Lanzada, paralizada debido o deixamento de Fomento, a presidenta manifestou que a escavación, dando cumprimento ó calendario estipulado no protocolo con Fomento, remataría en novembro. Por tal motivo, segundo Carmela Silva, "estamos estudando continuar os traballos ata rematar de escavar o castro da Lanzada, tal e como estaba acordado e para cumprir coa nosa parte do protocolo e proceder despois, se Fomento segue sen reaccionar, á consolidación".
Silva manifestou que "o xacemento da Lanzada está a aportar achados de gran importancia" e engadiu que amais de Cornelia e dos dous bebés aparecidos, ó levantar os restos do último menor, atopáronse máis ósos na area que se corresponderían ó menos cun o con dous menores dun ano e que neste momento están a ser estudados na Universidade de Santiago. A Presidenta asegura que "se se confirma, serían catro nenoatos aparecidos nun espazo de 5 metros cadrados".

A presidenta da Deputación tamén subliñou que "os restos atopados van ser datados nun laboratorio de Miami, para que lles practiquen as probas do Carbono 14 e de coláxeno que permitan acreditar a etapa histórica á que pertencen".





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.