A programación cultural do Ano Castelao, que hoxe foi presentada polo deputado de Cultura, Xosé Leal, inclúe preto dun cento de representacións teatrais distribuídas de tal xeito que todos os concellos da provincia contarán, como mínimo, cunha representación. Serán cinco propostas escénicas relacionadas que abordan a vida e a obra do autor rianxeiro en formatos moi diversos
'A lingua na boca. Letras, Riscos e Pensamentos de Castelao' da compañía Limiar Teatro. A obra, creada especificamente para este programa, percorrerá os 62 concellos da provincia entre o 1 de xullo e o 3 de setembro, e debido ao seu pequeno formato, poderá adaptarse a unha ampla variedade de espazos. Un dos integrantes da compañía, Fran Núñez explicou que "á hora de crear este espectáculo tivemos moi presente a idea da lingua, que tanta importancia tivo na traxectoria de Castelao e das Irmandades da Fala".
Trátase dun espectáculo multidisciplinar, que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral, para reivindicar o uso da lingua. Como mostra, os dous integrantes da compañía, Fran Núñez e Brais Iriarte, interpretaron unha das cancións do espectáculo que toma como referencia, precisamente, o título da obra e que pretende unha achega contemporánea á figura de Castelao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.