Un grupo de máis de setenta peregrinos que iniciaban hoxe o tramo final da Primeira Peregrinación polo Camiño de Santiago Antártico, que partiu da Antártida o 28 de febreiro desde a base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción do arquipélago das illas Shetland do Sur, a máis de 14.000 quilómetros de Compostela.

O proxecto está promovido pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e tamén participan membros da Armada, do Exército de Terra, do Instituto Hidrográfico da Mariña e do Instituto Xeográfico Nacional. Estes dous últimos organismos documentarán a experiencia. Concretamente, participan militares da dotación do buque de investigación oceanográfica Hespérides e da XXIX Campaña Antártica do exército de terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.