Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2016

SAÚDO DE FÁTIMA ABAL NAS VÉSPERAS DA FESTA DO ALBARIÑO











De novo, outro ano chega a data máis desexada polos cambadeses e cambadesas: a Festa do Albariño. É a miña segunda ocasión como Alcaldesa de Cambados e diríxome a todos os veciños e veciñas e amigos e amigas, para invitarvos a este gran acontecemento como é a celebración do noso Viño Albariño. 

Damos unha sentida benvida aos que nos visitades durante estes días para gozar da nosa hospitalidade, do noso patrimonio, do noso mar, da nosa gastronomía e, sobre todo, do noso Príncipe dos viños brancos: o Viño Albariño. 

Cada ano, o noso viño e a nosa Festa son máis coñecidos fora das nosas fronteiras, e conscientes delo, xa comezamos a traballar para que sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Un recoñecemento que a Festa do Albariño se merece, pola súa traxectoria durante estes LXIV anos, polo seu arraigo, pola súa vertente cultural, para que se acade unha maior promoción do noso Viño Albariño, o viño dourado, que é único e diferente a calquera outro viño do mundo. 

Quero agradecer, mediante este cordial saúdo, a todos aqueles que coa súa colaboración fixeron, fan e farán posible levar a cabo este ano as festas do Albariño 2016. 

Sen apoio e esforzo ningún proxecto sae adiante, e cremos que o agradecemento ven xustificado polo bo resultado que se obtivo na pasada edición da Festa do Albariño. A afluencia de xente, as actividades programadas, os concertos e as verbenas demostran que vamos polo bo camiño. 


A Festa deste ano ensalza o arraigo e a tradición cultural da nosa terra, pero tamén hai lugar para resaltar ese espazo que Cambados ocupa no mundo, a vertente internacional que sabemos amosar. A nosa finalidade non é outra que crear un programa de festas, deseñado con especial agarimo, no que sexa posible transmitir un espírito festivo. Haberá, como é costume, actividades moi variadas, encamiñadas aos gustos de persoas de diferentes idades, para que todos e todas poidamos gozar desta gran Festa. 

Desexo que un ano máis a Festa do Albariño reúna a amigos e familias ao redor do noso caldo dourado, do noso prezado tesouro. 
Deixemos atrás o noso día a día e gocemos intensamente desta Festa con tolerancia e respecto. Benvidos e benvidas! É hora de deixarse levar polos sentidos! 

FELICES FESTAS E SAÚDE!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.