Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2016

OUTRA MEDIA VERDADE DE ARAGUNDE ARAGUNDE







O Concello de Cambados recibiu unha petición por escrito asinado polo secretario do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro. Neste escrito o Capítulo solicita a colaboración do concello para a organización do desfile de confrarías e do acto de investidura dos cabaleiros e damas deste ano e que quedaría igual que en anos anteriores. A decisión do Concello de desvincularse deste evento, levou a institución a facer esta petición. O Concello desvincúlase namentras o Capítulo insista en facer a cerimonia de nomeamento de Donas e Cabaleiros no Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns.

As peticións comezan pedindo ao Concello a cesión do salón de plenos «para a recepción dás autoridades ás doce horas». Tamén expoñen que o concello asuma os grupos folclóricos para o desfile de confrarías, e que a policía local e protección civil velen pola seguridade do evento.

Entre as demandas inclúese a cesión do salón de plenos «para a recepción dás autoridades ás doce horas», que o concello asuma os gastos dos grupos folclóricos para o desfile de confrarías, e que a policía local e protección civil velen pola seguridade do evento. A esto hai que engadir o palco no patio de armas de Fefiñáns e sobre o que se celebrará o acto central; a mesa presidencial con cinco cadeiras, un toldo para cubrir esta mesa, catrocentas cadeiras para o público, megafonía, as capas do Capítulo ( que por certo debería telas o Capítulo)  e dúas entradas para o Xantar para cada confraría gastronómica invitada.

Todo esto xenera uns gastos de 20.000 euros e xa que o Concello vai "dar" eses cartos esixen que se cambie o emplazamento da cerimonia para o exterior do Palacio, na plaza, para que todos aqueles que o desexen poidan ver o acto que é un referente na Festa é que so uns poucos poden presenciar. Xa que todos os integrantes do desfile máis algún que xa vai directamente suman uns 300 invitados.

Os 20.000 euros de gasto que ocasiona toda a ceremonia aos que hai que engadir horas extras do personal que fai falla para o evento son os que Aragunde anda a decir que non se lle dan ao Capítulo.
Efectivamente non se lle dan pero é un gasto que debe asumir o Concello e como decimos sin que o Capítulo accedea á única petición que lle formula o goberno local e que tanto piden turistas e veciños.

Polo tanto queda demostrado unha vez máis que Aragunde falta a verdade, ou que non di toda a verdade.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.