Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2016

ENTRA EN VIGOR A ORDENANZA SOBRE TERRAZAS E BARRAS EXTERIORES















Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/04/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
“ARTIGO 5º.—COTA TRIBUTARIA
A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
TARIFAS
CONCEPTO
€/m2/ANO
RÚAS DE 1ª
RÚAS DE 2ª
RÚAS DE 3ª
Ocupación ou reserva de vía pública con mesas, cadeiras ou semellantes
24,40 €/ano
18,28 €/ano
12,92 €/ano
Con carácter excepcional, durante as Festas do Albariño para a promoción tanto da festa coma do viño albariño, os establecementos de hostalería poderán efectuar unha venda nos exteriores dos seus locais. Para tal fin, deberán formular a correspondente solicitude de autorización perante a Alcaldía, previo o ingreso nas arcas municipais das cantidades fixadas nesta tarifa.
TARIFAS
CONCEPTO
€/m2/ANO
RÚAS DE 1ª
RÚAS DE 2ª
RÚAS DE 3ª
Barras e terrazas que impliquen o corte da rúa
64,40 €/ano
48,25 €/ano
34,10 €/ano
Resto das terrazas
35,28 €/ano
26,43 €/ano
18,68 €/ano
Dita autorización deberá solicitarse como mínimo 20 días naturais antes do comezo das Festas do Albariño, debendo estar ó corrente coas obrigas tributarias do Concello.
ARTIGO 6º.—BENEFICIOS FISCAIS
Establécese unha bonificación do cinco por cento da cota a favor dos suxeitos pasivos que domicilien as súas débedas de vencemento periódico nunha entidade financeira, anticipen pagos ou realicen actuacións que impliquen colaboración na recadación de ingresos.”
A presente modificación entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no B.O.P, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A partir de hoxe pódese solicitar os permisos para a instalación de barras e terrazas durante a Festa do Albariño. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.