O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os galardoados este ano coa Medalla de Ouro de Galicia son Manuel Gallego Jorreto, Francisco Leiro Lois, Basilio Losada Castro e o grupo Los Suaves. Así o acordou o Consello da Xunta na súa reunión desta mañá, que aprobou o decreto polo que se concede esta distinción.
A Medalla de Ouro de Galicia, que lles será entregada aos premiados nun acto solemne que se celebrará o vindeiro 24 de xullo é, segundo Feijóo, “o máximo recoñecemento que Galicia lle fai a exemplos a seguir”. “Un agradecemento en forma de medalla a aquelas persoas, institucións e fundacións cuxa actividade honra a nosa terra e fai unha mellor Galicia”, dixo.
Francisco Leiro Lois
Galego de Cambados, comezou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Santiago, completándoa na de Belas Artes de Madrid.
Galego de Cambados, comezou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Santiago, completándoa na de Belas Artes de Madrid.
En palabras do presidente, “hoxe é unha das principais referencias da escultura galega” e conta cunha prolífica obra nesa disciplina e tamén como pintor.
Representou a España en 1985 na Bienal de São Paulo, e desde 1986 expuxo regularmente en ARCO (Madrid), en Italia e Francia ou tamén en Nova York, nalgunhas das galerías máis prestixiosas da arte contemporánea.
Moitas das súas obras son iconas recoñecidas dalgunhas cidades galegas e españolas, como: a figura dun animal fantástico coñecido como Sireno, na Porta do Sol de Vigo, a Homenaxe a Castelao, na Alameda de Santiago de Compostela, a Batea ou “Saavedra” sobre o río Lérez no Parque da Illa das Esculturas de Pontevedra, o Astronauta, Valdemoro (Madrid), Vértigo, na autovía M50 de Madrid e Simeón sentado, Madrid (2007).
Feijóo lembrou que Leiro “converteu as súas xigantescas esculturas en ferro e madeira nunha das iconas máis recoñecibles da arte galega en todo o mundo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.