Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2016

ÉXITO DOS TRENS TURÍSTICOS POLAS RUAS DOS FAROS, RIBEIRA SACRA E RIAS BAIXAS











Este sábado están en funcionamento os trens turísticos correspondentes á ruta dos Faros, á das Rías Baixas e á Ribeira Sacra, tres dos nove itinerarios temáticos que este verano percorrerán Galicia no marco da cuarta edición do programa de trens turísticos "Galicia a todo tren”, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, RENFE e Deputación de Ourense a través do INORDE.
Os tres itinerarios esgotaron a totalidade das prazas ofertadas para hoxe e xa teñen vendido en torno a un 80% da oferta de toda a tempada, que remata en outubro. Neste sentido, o tren dos Faros achégase a un 84% de reservas xa efectuadas, dato que é do 82% no da Ribeira Sacra e do 74% no caso das Rías Baixas.
Ademais, en cuestión dun mes e medio –xa que o inicio dos percorridos foi o 11 de xuño- xa se venderon máis de 1.500 billetes para o total das nove rutas en funcionamento, supoñendo o 68% de todos os pasaxes vendidos nos catro meses da pasada edición, uns 2.200. Neste punto cabe destacar a maiores que nesta nova tempada do "Galicia a todo tren” se incrementa a oferta global en 84 prazas grazas aos bos resultados obtidos na edición anterior, na que se obtivo unha ocupación do 87%.

Percorrido dos trens en funcionamento na xornada


O tren da Ruta dos Faros xa estivo en funcionamento os sábados 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo. Este percorrido parte de Ferrol e avanza polos sitios máis destacados da costa norte galega. O convoi descubre lugares significativos como Cabo Ortegal, o mirador de Vixía Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido, o Cabo de Estaca de Bares ou a Praia das Catedrais. Pódese escoller iniciar a ruta en autobús dende A Coruña, incluíndo despois o regreso, e visitando o exterior da Torre de Hércules, o faro romano máis antigo en funcionamento e declarado Patrimonio da Humanidade.
O tren da Ruta do Viño do Ribeiro – Rías Baixas parte de Ourense para visitar o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, a adega Marqués de Vizhoja, o Túnel do Viño e o conxunto histórico medieval de Ribadavia, o mosteiro de San Clodio, o castro de San Cibrao de Las e o seu Centro de Interpretación do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa e os espazos museísticos da estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo, que son concretamente o Museo do Traxe e o Museo do Automobilismo. Este tren xa realizou un percorrido este ano o 9 de xullo.
Así mesmo, hoxe tamén se podía realizar o percorrido no tren da Ruta do Viño das Rías Baixas, que iniciou a súa andadura nesta edición o pasado 25 de xuño e realizou outra viaxe o 9 de xullo. Ten saída dende Santiago de Compostela e visita a adegas Martín Códax, en Vilagarcía, e a do Pazo de Fefiñáns, en Cambados. A maiores, ofrece a posibilidade de realizar un paseo polo centro desta última cidade e un percorrido en barco pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón.
Outro itinerario dispoñible é o do tren da Ruta do Viño da Ribeira Sacra tren turístico Aba Sacra, que xa estivo en funcionamento o 11 e o 25 de xuño e o 9 de xullo. Este tren parte da estación de tren de Ourense para realizar un percorrido turístico pola Ribeira Sacra. A ruta inclúe unha visita á adega Regina Viarum, ao Centro de Interpretación do Viño en Monforte de Lemos, un paseo en catamarán polo río Sil e a visita tanto ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil como á Aula do Ferrocarril dos Peares.

Novidades do ‘Galicia a todo tren’ deste verán


Ademais do incremento no número de prazas ofertadas, este verán póñense en marcha dúas novas rutas, a “Termal e do Camiño do Norte a Santiago” e a da “Lamprea e o viño do Condado”, que se unen ás sete existentes: a dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo; a dos Pazos e Xardíns Históricos, entre Santiago e Vigo; e as cinco Rutas do Viño que percorren as zonas das Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras, territorios nos que se producen os viños galegos con denominación de orixe.
Desta maneira, en distintas datas entre xuño e outubro de 2016, un total de nove trens turísticos percorrerán outros tantos itinerarios temáticos. Cada unha das rutas pode realizarse nun día e, ademais da viaxe en tren, ofrecen desprazamentos en autobús de ida e volta entre a estación de ferrocarril e o recurso turístico a visitar, xunto con actividades complementarias como paseos en catamarán e o acceso e as visitas guiadas especializadas a xardíns, adegas ou museos.
A oferta deste programa compleméntase, un ano máis, co “Tren do Peregrino”, o “Tren dos Balnearios” e o “Galicia Rail Pass”, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.
Ademais, este ano Santiago recibiu a visita do tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, o Al-Andalus. Foi a primeira vez na historia que este convoi viaxe entre Madrid, a comunidade autónoma española de onde procederon máis peregrinos en 2015, e Santiago de Compostela, meta xacobea. O tren realizou unha viaxe a pasada semana e efectuará outra en agosto, marcando así un fito histórico de gran importancia para a Comunidade e para o Camiño de Santiago.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.