O Concello de Cambados dispón dun espazo na web www.cambados.gal para facilitar a compra de entradas para o Xantar do Albariño a todos aqueles que queiran participar que se celebra o domingo 7 de agosto. O prezo é de 45 euros, 5 dos cales se destinarán a un donativo para a asociación Esperanza Salnés.
As persoas que o desexen deberán cumplimentar un formulario electrónico con acceso dende a web municipal onde se deberán cubrir os datos persoais para facer a reserva das entradas.
Unha vez realizado este trámite, dende o concello remitíraselle ao solicitante por correo electrónico a liquidación o día seguinte da solicitude, para que faga efectivo o ingreso do importe.
Unha vez que estea realizado o abono, as entradas do Xantar quedarán
automáticamente reservadas a nome do solicitante, que poderá recollelas no concello ata o mesmo día do xantar.
automáticamente reservadas a nome do solicitante, que poderá recollelas no concello ata o mesmo día do xantar.
Deberá presentar copia do xustificante e o DNI, ou tamén poderá recollelas no propio Pazo Torrado o día do xantar nunha zona habilitada a tal fin.
De forma paralela, vaise manter a adquisición de entradas nas oficinas do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.