Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2016

CARTA ABERTA A JOSÉ RAMÓN ABAL











Artigo polo que foi denunciado Abal


Demasiados frentes abertos ten José Ramón Abal.

Entre visitas aos xulgados e viaxes polo seu traballo como concelleiro de Enoturismo non da feito o seu labor de controlar que as rúas se manteñan o máis limpas posible.

Pero as visitas ao Xulgado podería telas evitado. 

Despois do acontecido coa fuga do control da Garda Civil ven a denuncia pola publicación no facebook do seu partido dunha nota con ameazas de denuncias a unha xornalista, a un funcionario do xulgado e ao que suscribe este artigo. Non sei si denunciaría as outras duas persoas pero a min non, porque pasado ano e pico non me chegou ningunha notificación do Xulgado. De todas formas estou acostumado a estas denuncias ou ameaza de denuncias e aínda non me chegou a primeira.
Pero imos ao detalle de como evitar visitar o xulgado. 
Un simple café houbera bastado, así de sinxelo. Pero no seu afán de non querer saber nada do que fai mal e botarlle as culpas aos demáis non se tomou ese café. Porque lembra, José Ramón, que co asunto da fuga quixeste inculpar ao teu irmán e agora á número 2 do teu partido, que se desviveu por Cambados Pode a cambio de nada. Mellor dito a cambio dunha traizón.
Pero mira que sorte tes que tiveches outra oportunidade de evitar esas visitas e non a aproveitaches. Esa vez xa foi a que te "condenou". E lembra que che puido caer unha denuncia do xulgado enteiro, non deches nomes, e eso pode acarrexar que todos os funcionarios puidesen darse por aludidos e empapelarche a casa con denuncias.

Asume dunha vez que esres concelleiro ao servizo de Cambados e que non eres un ser de outra galaxia.

Aparte de esto eres o concelleiro peor valorado de Cambados nas redes sociais. Non sei si é a tua desidía, a tua ignorancia ou o teu carácter que non fas que as tuas ordes sexan cumpridas. Os empregados municipais están para traballar no pobo, uns mellor que outris como pasa en todos os  traballos. Pero nunca teño visto tan sucio Cambados como ata agora, e mira que co anterior goberno había veces que era unha pena. Ben é certo que estos últimos dias algo mellorou a lompeza, pero agora o que falla son algunhas zonas verdes que coa sequía estánse a vorver marelas.

José Ramón, sinceiramente, si queres, podes mellorar. Tanto como concelleiro de Cambados coma persoa e vida persoal. Asume os teus erros, pide desculpas e pon orden nas parcelas que escolleches, porque o ser concelleiro de obras e servizos non che foi imposto.

Agardo que o próximo artigo que escriba sobre ti sexa de felicitacións.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.