Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de julio de 2016

ACLARACIONS A UNHA POBRE IGNORANTE QUE NON SABE NIN DO QUE FALA SOBRE CATALUNYA







 "Como vaise o noso querido concelleiro veamos o que opinaba a sua señora esposa fai uns meses dos catalans espero que cos de Singapur sexa mais tolerante .....xa vedes non pode ver a uns veciños dunha comunidade autónoma e agora vaise para outro continente"



ACLARACIONS  A UNHA POBRE IGNORANTE  QUE NON SABE NIN DO QUE FALA SOBRE CATALUNYA


Creo que nalgunha ocasión xa teño defendido neste mesmo blog as vantaxes que para alguén coma min, que está tan lonxe de Cambados,  teñen as redes sociais; a través delas podo estar en contacto con familiares e amigos e, tamén,  estar ao tanto de todo o que se coce no meu amado pobo.
Pero tamén confesareivos, queridos amigos, que, ao igual que James Stewart na película “A xanela indiscreta” (1954) gústame asomarme a estas xanelas virtuais de hoxe en dia que son os perfiles de Facebook e Twitter; debo aclarar que non o fago con  ningún motivo especial, simplemente, interésame saber como lle vai a eses veciños do meu pobo cos que, no pasado,   cruzábame na rúa ou coincidía no supermercado ou  na casa de cultura.

         A cuestión é que nesas estaba eu o  outro dia, cando, casualmente, entrei no perfil  dunha  muller, cambadesa, rubia e posuidora duns fermosos ollos azuis; a ela xa a  coñecía fai moito tempo pero, sobre todo, coñecía aos seus pais, basicamente, por motivos profesionais e sempre parecéronme boa xente; a curiosidade levoume a ler unha reflexión que colgara no seu muro, en concreto o dia  10 de novembro, ao dia seguinte do referendo catalán e,  debo dicir, que despois de ter lido tal reflexión, empecei a pensar que a cantidade de neuronas  que dita muller leva dentro de tan preciosa “cabesiña”  deben brillar pola súa ausencia; por certo esta muller está casada co concelleiro municipal que, probablemente, mais “pinta a mona” nos plenos do concello.
Antes de poñer as divagacións desta “lumbrera” simplemente aclarar a miña postura sobre o independentismo catalán que xa expuxen neste mesmo sitio baixo o título “Reflexións dun cambades nunha Catalunya ¿independente?” e no que, brevemente, veño a dicir que non estou a favor da independencia; eu considérome nacionalista,si, pero non independentista; envexo moitas cousas dos cataláns que xa me gustarían para Galicia pero mais que no que  nos diferenza prefiro fixarme no que nos une e penso que nacións como Galicia, Euskadi e Catalunya poden ter cabida dentro dun estado federalista; isto non quere dicir que defenda o modelo centralista que defende o PP, todo o contrario; ademais como galego e sendo realista, a independencia  de Catalunya non beneficiaria , en absoluto, a Galicia; como xa sinalei no artigo anteriormente mencionado, Catalunya aporta case o 20 % do PIB do Estado, sendo a comunidade que mais aporta e iso é algo a ter moi en conta; por iso cando escoito declaracións como as desta rubia que hoxe nos ocupa non podo, cando menos, responderlle e aclararlle unha serie de cuestións que ela e  xente da súa mesma ideoloxía creen  e que, en absoluto, teñen que ver coa realidade catalana; así que póñovos o seu comentario e, a continuación, coméntovolo.....    
        “El 80´7 % de los INDEPENDENTISTAS CATALANES que empiecen  ya a comerse sus productos catalanes como por ejemplo el cola-cao, nestle, fontvella y muchas marcas más con las que todos los ESPAÑOLES llenamos nuestra cesta de la compra y damos nuestro dinerito a sus empresas catalanas. Igual se lo piensan de otra manera .....En mi casa desde luego voy a mirar muy bien el no comprar esos productos. Y si todos los españoles lo hiciésemos???”.
Facía tempo que, nun comentario tan breve, non lía tantas parvadas xuntas, por empezar por algo, aclararlle a esta mulleriña que a compañía  NESTLE non é catalana senón suíza (en concreto ten a súa sede, no pais helvético, en  Vevey) o que pasa é  que a sede central de NESTLE ESPAÑA ( e de aí a confusión da nosa rubia) atópase en Catalunya, mais concretamente en Esplugues de Llobregat (Barcelona).
        En canto a outra marca que menciona, en concreto Cola Cao, resulta ata gracioso que a queira meter no seu particular boicot porque si hai unha marca ESPAÑOLA, recoñecida  coma tal, no estranxeiro esa é Cola Cao, incluso, os colores do bote que nos resulta tan familiar a todos (vermello e amarelo) débense a que, nos seus orixes ,  tomáronse da bandeira española (a marca Cola Cao naceu a  mediados dos anos 40 en pleno franquismo); si fose unha empresa independentista como a quere pintar a nosa  “rubia ignorante” xa fai tempo que houbera cambiado ata de imaxe. Por certo,  todo isto seino porque fai un par de anos tiven o pracer de visitar, cunha excursión do colexio dos meus fillos a factoría de Nutrexpa, situada en Parets del Vallés (Barcelona) onde se elabora este popular produto e onde nos explicaron esta e outras anécdotas de dita marca.
Ademais si a rubia que nos ocupa hoxe en  vez de perder tanto tempo en mirarse nos escaparates e nas lúas  dos coches (porque guapa será pero coqueta e presumida o é aínda mais) se dedicara a ler mais a prensa e se interesase por estar mais ao tanto da actualidade sabería que, en xeral, as empresas catalanas estanse mantendo ao marxe do tema do independentismo, cando non se opuxeron a tal proceso; e cando falo de empresas que se opoñen, falo de algunhas das mais grandes no seu sector, non soamente en Catalunya senón tamén en toda España como “LA CAIXA” ou o grupo editorial PLANETA.
O boicot que propón esta rubia  é tan absurdo como infantil, afortunadamente a maioría da xente ten mais miolos  que esta “ignorantiña”; pensade, soamente, por un momento que fose ao revés e que, fai un par de anos, cando  o presidente da Xunta acusou inxustamente a Catalunya de “pedichona”  algún catalán propuxese facerlle boicot aos produtos galegos ¿que culpa terían “Mariscos Jose María Daporta e hijos”, “Mariscos Joaquín Fariña”, “Martín Codax” ou “Paco & Lola” (por nomear soamente algunhas das empresas que teñen presenza en Catalunya) das declaracións dos seus políticos?, ou, o que é mais importante aínda, ¿que culpa terían os  humildes traballadores de ditas empresas?  Obviamente iso non pasará porque os produtos galegos gozan de moito prestixio en Catalunya e, sobre todo, porque  curtos (e curtas) de mente como esta rubia trasnoitada, son poucos.
O argumento anti catalanista, como o que vimos de ler, non é novo e xa me resulta familiar escoitalo en grupos e foros “peperos”, de feito o comentario da nosa rubia gustoulle moito a unha das “primeiras damas cambadesas” Mónica Brea Troncoso, como así o reflexou no propio comentario; pero iso é normal nun partido que ten que buscar focos de distracción para desviar a atención de tódolos casos de corrupción  nos que está inmerso; durante un tempo foi ETA e o independentismo vasco pero como esa vía , agora, está esgotada, o “problema catalán” venlles como anel ao dedo para que non se fale da Gurtel, das caixas en B do PP, de Barcenas, das tarxetas Black ou de Granados, entre outros moitos; de feito, aínda que non coincido coa maioría dos idearios de Oriol Junqueras, o líder de ERC, nunha cousa estou totalmente da cordo con el i é en que os máximos responsables de que crecese, nestes últimos anos  o independentismo catalán é o Partido Popular e Mariano Rajoy: a presentación dun recurso de anticonstitucionalidade contra o Estatut ou a Lei Wert que ataca, claramente, ao ensino en catalán son soamente dous exemplos desa política de confrontación promovida dende o goberno central.
       Como acostumo a ser positivista e fai tempo que decidín  facer unha boa acción ao dia,  hoxe optei  por “ensinar a quen non sabe” por iso espero terlle aportado un pouco de luz a toda a ignorancia amosada pola miña paisana; ademais,  quería facerlle unha recomendación: o próximo verán en vez de quedarse en Cambados, entre outras cousas, para ir “polo morro” á comida do domingo do albariño (como fai tódolos anos), iso si, pagada por tódolos cambadeses, eu invítolle a que visite Catalunya, descubrirá un pobo de xente nobre e traballadora, seguro que despois cambia a súa percepción e pensará mellor as cousas antes de “sacar a lingua a pasear”.  
      Como eu non son tan talibán como esta rubia deixádeme que vos recomende que si tedes que mirar algo en decoración, non dubidedes en acudir a tenda familiar da susodita, sempre foron bos profesionais e cónstame que o seguen a ser.
Para rematar quero deixar un comentario, doutra colaboradora tamén deste blog que, a raíz desta polémica, colgouno  en Facebook e co que coincido plenamente:
Eu estiven en Cataluña, tanto por ocio coma por traballo e volvería unha e outra vez, porque acolléronme cos brazos abertos e sempre a poder ser que volva cando queira que as súas portas están abertas pra min e todos os galegos que nos teñen moita estima e aprezo”.
(Tamén de Cambados, e non perde o tempo mirándose nos escaparates,  como a esposa do concelleiro “pinta monas”)   
Un saúdo a todos.


           RICARDO DOMINGUEZ REY









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.