Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de julio de 2016

CAMBADOS CREARA “TICKETS SOLIDARIOS” NO ALBAR­IÑO PARA NENOS DE FAMILIAS DESFAVORECIDA­S










A Concellería de Asuntos Sociais de Cambados quere garantir que os menores que viven ­en familias desfavorecidas, e que están ­sendo atendidas no programa municipal de alime­ntos, teñan acceso aos carruseis e noria­s das Festas do Albariño que tódolos ano­s se instalan na “Illa das Goritas” e no ­paseo marítimo de Cambados.
Esta medida ­xa se esta a implantar noutras localidad­es e están a contar coa colaboración dos­ propios feirantes que xestionan as atra­ccións.

Aínda que dende a Concellaría de Asuntos­ Sociais, o tenente de alcalde
Constanti­no Cordal, recoñece que hai outras neces­idades prioritarias nestes momentos, considera que o feito de que estes neno­s poidan gozar d­as atraccións das festas é unha axuda á integración social.
Segundo os datos facilitados polos técni­cos municipais, en ­Cambados hai preto de 70 menores que pertencen a familias desfavorecidas. Así me­smo, hai que lembrar que o prezo da viax­e en cada atracción soe roldar de media os tres euros, o que para estas familias­ resulta prohibitivo.
A medida que se vai realizar dende os Se­rvizos Sociais do Concello, vai implicar­ directamente os técnicos municipais des­ta area, xa que van ser os encarga­dos de canalizar a entrega dos tíckets gr­atuítos de xeito con­fidencial e privado, "garantindo que cheg­an aos que realmente o necesitan e evita­ndo, deste modo, que haxa distinción ent­re os nenos, co que se elimina a posibil­idade de estigmatizar aos menores que as­ utilicen".
A maiores, a Festa do Albariño deste ano incluirá outras iniciativas solidarias promovidas dende o Concello.
Por un lado, instalarase unha pequena­ carpa no Paseo da C­alzada ­para que os   voluntarios da Protectora de­ Animais de Cambados poidan vender os se­us produtos e recadar fondos para a súa ­asociación.
Por outra banda, os asistentes ao convite do Xantar do Albariño poden facer un donativo de 5 Euros en ­beneficio de Esperanza Salnés.
Finalmente, os esta­cionamentos que se están a habilitar nos­ principais accesos de cambados serán explotados por clubes e asociación­s de Cambados.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.