Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de junio de 2016

A XUNTA PROGRAMA 5 OBRADOIROS DE EMPREGO NO SALNÉS









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a sede da Mancomunidade do Salnés en Cambados para anunciar que esta comarca contará, polo momento, con cinco novos obradoiros de emprego, dous neste ente, outro na capital do Albariño e outros dous no concello de Vilagarcía de Arousa.
O delegado estivo acompañado polo presidente do ente, Gonzalo Durán, así como polo xefe territorial de Industria, Ignacio Rial.
Os 5 obradoiros terán unha duración de seis meses. Durante o periodo de formación a Xunta financiará o soldo dos participantes e a súa contribución á Seguridade Social, así como o dos docentes e o dos administrativos que xestionen o proxecto. Pola súa banda, os concellos encargaranse da organización directa dos cursos mentres a selección dos profesionais que os levarán a cabo e a relación cos participantes dependerá dunha comisión mixta entre Xunta e concellos beneficiados. “Isto pon de relevancia”, tal e como subliñou o delegado, “a importancia da colaboración entre institucións”.
O delegado territorial destacou que a Mancomunidade do Salnés contará este ano con dous obradoiros, un dedicado á h
ostelería e outro á construción.
“Hostalería do Salnés VIII” permitirá a formación de 20 alumnos tanto en operacións básicas de cociña, como de restaurante e bar e en aloxamentos. “Estamos a falar dun clásico dos obradoiros de emprego que ademais conta co maior número de insercións laborais de cantos se realizan”, explicou Cores Tourís. O orzamento destinado pola Consellería de Emprego para esta iniciativa é de 180.000 euros.
O segundo obradoiro denomínase “Muíños do Salnés” e ten coma obxectivo que os 20 alumnos beneficiados se formen en carpintería, colocación de pedra natural e conservación de montes. Tamén conta cun orzamento de 180.000 euros e as prácticas permitirán a posta en valor de diversos muíños no ámbito territorial da Mancomunidade, tanto nos concellos de Sanxenxo como nos de Meaño e Vilanova. 
O responsable territorial mostrou a súa satisfacción por poder avanzar que ambos concellos obtiveron este obradoiro de emprego que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente, destacando o manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”.
Vilagarcía e Cambados
No caso dos obradoiros de Vilagarcía de Arousa, un deles está destinado a menores de 25 anos: “Labora@xove2”, que contará cun investimento por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria de case 180.000 euros, “que coa aportación do concello poderá roldar os 250.000 euros”, segundo matizou Cores Tourís. 
O obxectivo destes cursos é preparar a 15 alumnos nas especializades de dinamización de actividades de tempo libre e na organización de actividades de funcionamento de instalacións deportivas. 
Por outra banda, tamén Vilagarcía contará tamén cun obradoiro dedicado á atención sociosanitaria a persoas no domicilio, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e traballos de carpintería e moble. Neste taller formaranse 20 alumnos grazas a unha aportación da administración autonómica de 180.000 euros. Con este obradoiro poñeranse en marcha melloras de xardíns e zonas verdes nos parques de Castro Alobre, A Coca, A Xunqueira e a Concha.
Os alumnos levarán a cabo prácticas organizando e dinamizando actividades de tempo libre dirixidas á infancia e á xuventudes, así como levando a cabo asistencia operativa aos técnicos deportivos no desenvolvemento de actividades deportivas, tarefas de control de acceso, circulación, asistencia a usuarios e mellora da seguridade nas instalacións de titularidade municipal.
En canto a Cambados, o obradoiro denomínase “Rexeneración urbana e medioambiental”, e ten como obxectivo formar a 20 veciños en carpintería, cantería e xardinería forestal. O orzamento destinado dende a Xunta a esta iniciativa tamén será de 180.000 euros, e as prácticas dos alumnos permitirán levar a cabo a reurbanización da rúa da reitoral, a rexeración das áreas recreativas dos centros culturais dos núcleos rurais e dos xardíns do conxunto histórico. Tamén se dotará de mobiliario urbano a esta área. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.