Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2016

A XUNTA OBRIGA A APRAZAR A VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS.











A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que, por causas totalmente alleas á súa vontade, vese na obriga de aprazar para unha nova data a celebración da VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS.

Os motivos de tal decisión débense a que a Xunta de Galicia, por medio da súa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xefatura Territorial de Pontevedra, non autoriza, mediante informe vinculante da Xefatura Provincial de Tráfico, a celebración da devandita proba o día 3 de xullo, por ser esta unha data non hábil a efectos da “celebración de probas deportivas cuio obxecto sexa competir en espazo e tempo polas vías ou terreos obxecto da lexislación sobre tráfico”.

É competencia da administración autonómica expedir os permisos convenientes cando a proba se desenvolva nalgunha das múltiples travesías dentro do ámbito territorial da provincia, e a nosa carreira, con circuito homologado pola RFEA, discorre nalgún tramo por travesías que, si ben se enmarcan dentro do casco urbán, son competencia da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Desde a Organización comunícanlle ós atletas que xa estaban inscritos que á maior brevidade posible se lles reintegrará o importe da inscripción por parte da empresa de cronometraxe Championchipnorte; do mesmo modo que se piden desculpas polas molestias que se haxan podido ocasionar.

Por último, manifestan desde a Concellería de Deportes do Concello de Cambados que xa se está buscando unha nova data para a realización da proba que, probablemente, se celebre unha vez rematado o periodo estival.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.