O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 desenvolve as iniciativas en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño
A Deputación de Pontevedra organiza este programa formativo a través do CPAE 2.0, a rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías que presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra. En concreto, un total de 64.000 autónomos e pemes, que constitúen o 92% do tecido empresarial da provincia, poden beneficiarse destas iniciativas do CPAE, que se desenvolven nos seus centros, en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
O CPAE 2.0 oferta toda unha serie de actuacións para que autónomos e pemes melloren os seus negocios a través das novas tecnoloxías, logrando así un aumento da produtividade, introducindo a innovación nos procesos produtivos e servizos, facilitándolles a implantación do comercio electrónico e creando unha nova canle de venda online de produtos e servizos.
En concreto, a Deputación organiza trinta e seis obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de maio. Impartirase un curso titulado "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" en Cambados o 5 de maio, en Ponteareas o 7, en Lalín o 10, no Porriño o 12, en Vigo o 18 e en Pontevedra o 31. O curso "Redes sociais para a empresa: É Twitter a túa solución?" terá lugar en Cambados o 10 de maio, en Pontevedra o 13 e en Lalín o 23. O curso "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" desenvolverase en Ponteareas o 19 de maio, en Vigo o 27 e en Lalín o 30. O curso "Google Analytics: Iniciación á analítica web" impartirase en Ponteareas o 11 de maio e en Pontevedra o 24. O curso "A túa páxina web con Wordpress" farase en Vigo o 14 de maio, no Porriño o 20 e en Cambados o 21. O curso "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais" impartirase en Vigo o 6 de maio e no Porriño o 31. O curso "Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais" realizarase no Porriño o 9 de maio, en Cambados o 16 de maio e en Pontevedra o 26. O curso "Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing" será no Porriño o 3 de maio e en Ponteareas o 25.

As persoas interesadas nestas actividades de formación teñen toda a información na páxina web do CPAE, cpae20.depo.es ou no seu teléfono 886 202020.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.