O Concello de Cambados realiza, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, unha nova convocatoria de emprego público. O sondeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, dando preferencia por esta orde aos seguintes criterios:
a) ás vítimas de violencia de xénero
b) aos candidatos/as maiores de 45 anos
c) aos candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo
d) aos candidatos/as con niveis de renda máis baixa
e) aos candidatos/as con cargas familiares
Os postos de traballo ofertados nesta convocatoria son os seguintes:
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Peón de limpeza
Descrición da ocupación: Limpeza viaria, plan de conservación viaria da Deputación de Pontevedra
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 6 horas diarias
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Condutor de maquinaria de limpeza
Descrición da ocupación: Condutor de maquinaria barredora, con posibilidade de limpeza viaria
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 6 horas diarias
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Ferrallista
Descrición da ocupación: Tarefas propias do posto e tarefas de mantemento
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 6 horas diarias
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Pintor
Descrición da ocupación: Tarefas propias do posto e tarefas de mantemento
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 6 horas diarias
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Laceiro
Descrición da ocupación: Plan de conservación da Deputación de Pontevedra
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanas
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Técnico de mantemento industrial
Descrición da ocupación: Plan de conservación e mantemento da Deputación de Pontevedra
Requisitos: Ciclo medio FP de electromecánica
Data prevista de incorporación: 15/5/2016
Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.