Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2016

"DEGUSTA EUROPA" MAÑAN EN CAMBADOS











Con motivo da celebración do día de Europa, os mercados municipais da provincia de Pontevedra serán o escenario dunha serie de actividades de degustación de receitas típicas de Europa, elaboradas con produtos das Rías Baixas. A preparación dos pratos corre a cargo do alumnado dos centros de FP de hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo, que ofrecerán aos usuarios dos mercados a posibilidade de probar o Tzatziki grego, o risotto italiano, os Moules au safran de Bélxica e o Fish & Chips británico, entre outros.
A iniciativa, que leva por título “Degusta Europa”, está organizada pola Deputación de Pontevedra e terá lugar en Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Bueu, Pontevedra e Vigo, en días diferentes comprendidos entre o 3 e o 13 de maio. Todas as degustacións serán de 11 a 12 horas.
No caso de Cambados, a degustación realizarase mañán martes 10 de maio entre as 11 e as 12 h na Praza de Abastos. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.