Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2016

A DEPUTACIÓN LEVA INVESTIDOS ATA AGORA EN CAMBADOS MÁIS DE 730.000 EUROS










A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha axuda por importe de 110.923,10 € ao concello de Cambados para o soterrado dos tendidos eléctricos da Rúa Real. A achega enmárcase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial. Ata o momento a Deputación leva entregados xa 250.831,06 €, liña 1, para a adecuación do quiosco de Torrado, mellora da capa de rodadura e dotación de beirrarúas en Burgáns, para o equipamento dun transformador nas inmediacións da praza de abastos, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes e a pavimentación de camiños en Lourido- Sartaxes; 135.767,02 €, liña 2, para o pago de gastos correntes; 33.941,76 € para o financiamento de "Actividade de Nadal" e "Actividade de Entroido"; e 202.156,74 € para a xeración de 29 novos postos de emprego no concello.
No primeiro trimestre do ano a Deputación provincial leva investidos na vila 733.619,68 €, o que representa o 81 % do total destinado a Cambados dentro de Plan Concellos 2016. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.