Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de mayo de 2016

A DEPUTACIÓN CONCEDE 18.000€ PARA OS ARRANXOS DO QUIOSCO DE TORRADO











Como xa publicamos onte   Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de outorgar unha axuda por importe de 18.331,10 € ao concello de Cambados para a adecuación do quiosco de Torrado. A subvención a esta edificación de titularidade municipal atópase enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
O Concello pretende dotar ao quiosco de melloras para poder alugalo en mellores condicións económicas para as arcas municipais.
Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial. Ata o momento a Deputación leva entregados xa 343.423,06 €, liña 1, para o soterrado dos tendidos eléctricos da Rúa Real, a mellora da capa de rodadura e dotación de beirrarúas en Burgáns, para o equipamento dun transformador nas inmediacións da Praza de Abastos, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes e a pavimentación de camiños en Lourido-Sartaxes. Ademais, 135.767,02 €, dentro da liña 2, para o pago de gastos correntes, 33.941,76 € para o financiamento de "Actividade de Nadal" e "Actividade de Entroido" (liña 3) e, por último, 202.156,74 € coa fin de xerar 29 novos postos de emprego no concello, na liña 4.
Neste primeiro cuadrimestre do ano, a Deputación provincial leva investidos na vila 733.619,68 euros, o que representa o 81% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.