A Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, achegará 200.000 euros para a promoción do turismo nos concellos da Mancomunidade do Salnés. Así se recolle nun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a responsable de Turismo do Goberno autonómico, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán.
O convenio, que estende a súa vixencia ata 2017, actuará no ámbito territorial da Mancomunidade do Salnés, conformada polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove. Nava Castro fixo fincapé no carácter estratéxico desta iniciativa para continuar consolidando este xeodestino como un destino turístico de referencia e lograr un importante impacto positivo nas economías locais.
A directora de Turismo de Galicia afirmou que, con esta achega, se aposta pola coordinación administrativa para lograr unha xestión eficaz e un sector turístico competitivo e de calidade. Así mesmo, Nava Castro enfatizou a labor que realiza a Mancomunidade e a importancia de iniciativas deste tipo na consolidación de Galicia como un destino multiexperiencial, cunha oferta segmentada e desestacionalizadora.
Internacionalización e promoción do Salnés
Co acordo asinado hoxe, Xunta de Galicia e Mancomunidade do Salnés traballarán en cinco liñas de actuación sobre este xeodestino galego: a internacionalización, a execución dun plan de e-marketing, o desenvolvemento de produtos turísticos, a promoción e comercialización do destino e a elaboración dun plan estratéxico comarcal.

En canto á internacionalización, elaboraranse contidos para novos mercados como o ruso parlante e porase en marcha unha campaña de promoción en plataformas para os residentes españois deste segmento. Tamén se celebrarán tres fam trips dirixidos aos mercados ruso parlante, Reino Unido, alemán e francés e porase en marcha un servizo de tradución ao inglés para o sector hostaleiro.
No relativo á execución dun plan de e-marketing, elaboraranse e publicaranse contidos en redes sociais e no blog Descubre O Salnés. Así mesmo, tamén se traballará no desenvolvemento de produtos turísticos como a Ruta Padre Sarmiento ou a Ruta Variante Espiritual, unha oferta turística que combinará o patrimonio natural co cultural. Entre outras accións, tamén se realizará unha reedición dos mapas comarcais.
Datos do turismo no xeodestino Ría de Arousa
Esta non é a primeira vez que Turismo de Galicia fai unha achega deste tipo para a promoción turística da Mancomunidade do Salnés. O convenio asinado hoxe constitúe unha continuación da colaboración establecida nesta área a través dos Plan de Dinamización Turística e Excelencia Turística e os seus posteriores convenios.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia apostou polo impacto positivo que está tendo este traballo conxunto no ámbito da Ría de Arousa como xeodestino turístico. Así, Nava Castro explicou que, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, este territorio acolleu en 2015 o 16,8% do total da demanda hoteleira rexistrada en Galicia.
No pasado ano, segundo afirmou Nava Castro, o xeodestino da Ría de Arousa rexistrou un incremento do 9,7% dos viaxeiros aloxados en establecementos hostaleiros, situándose preto dos 443.000, e un aumento do 12,5% nas pernoitas efectuadas polos mesmos, chegando aos 1,29 millóns. Segundo sinalou, este aumento da demanda tamén se traduciu nun aumento da ocupación de 5,7 puntos porcentuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.