Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de abril de 2016

O I.E.S. ASOREY NO CONCURSO DE ROBÓTICA DA FUNDACIÓN BARRIÉ







O Departamento de TECNOLOXÍA do I.E.S. Asorey participará mañán no VIII Concurso 
Galego de Robótica organizado pola Fundación Barrié en A Coruña.

Os alumnos que se desprazarán a Coruña son 3º ESO Seccións Bilingües e 4º ESO-A.

A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) organizan en Vigo esta semana, do martes 12 ao venres 15 de abril e en A Coruña, do luns 18 ao venres 22 de abril, o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria.
 
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non é necesario ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.