Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2016

MEMORIA SELECTIVA DAS PÁXINAS DA DEREITA










O goberno municipal non vai pedir que se revise o valor catastral dos inmobles de Cambados.
Sabendo que a economía das familias non está para "tirar foguetes" esta é unha boa nova a pesares de que algúns individuos queiran terxiversar a verdade.

Xa no ano 2010 houbo unha revisión parcial que aumentou a recadación en máis de 150.000 €. Tendo en conta que a Xunta do PP vai revisar as construccións en terreos agrícolas (galpóns ou casetas propias para a maquinaria i enseres do campo) o concello pasará a ter uns cartos dos que agora carece e que se engadirán a partires do vindeiro ano.

Pero claro esto non o conta a dereita, ou polo menos algunha páxina da dereita. Eso sí, inventan unha taxa a de voladizos. Esta taxa esiste desde hai moitos anos pero ata agora viña incluída no recibo do lixo e a ORAL o que fixo foi separala dese recibo.
Como minten máis que falan, porque non din entón que baixou o lixo?
Porque nos recibos do lixo notarían unha pequena rebaixa, o que antes pagaban polos "voladizos".

Memoria Selectiva!!

Como exemplo as imaxes dos recibos que vedes.

Taxas- 34.73 €
Voladizos- 3.36 €
Lixo- 31.37 €

Voladizos + Lixo= 34.76 € = taxas






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.