Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
5 de abril de 2016
CONFERENCIA SOBRE MANUEL MARÍA
O venres en Exposalnés, terá lugar a conferencia “A poesía última de Manuel María” a cargo de Manuel López Foxo (escritor, activista cultural, e autor de traballos e libros sobre Manuel María).
No Salón de Actos de Exposalnés ás 20:30 do venres.
Manuel López Foxo
Comezou a colaborar na prensa aos dezasete anos, cultivando preferentemente o xornalismo cultural. As súas primeiras colaboracións foron nos anos setenta en “La Voz de Ortigueira” e nas páxinas culturais de “El Ideal Gallego” e “A Nosa Terra”. Por esa mesma época impulsou a creación da Asociación Cultural Ramón Cabanillas e a recuperación de figuras como Ramón Armada Teixeiro ou Federico Maciñeira. Foi, asi mesmo, cofundador de Edicións O Paporroibo e coordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira, pola que pasaron as principais personalidades da cultura galega e figuras como José Luís Sampedro. Entre os seus traballos cómpre destacar “Ortigueira na cultura galega”, “O país de nós”, “Os vellos. A memoria da vida e unha cultura que se perde” e “Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995)”. Comprometido co nacionalismo galego desde moi mozo, foi militante da AN-PG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.