As actividades comezarán xa o vindeiro luns 21 de marzo cunha xornada pola mañá, ás 12 do mediodía, coincidindo coas vacacións de Semana Santa, uníndose á celebración do Día da Tradición Oral, da man dunha compañía asentada no Grove, Xarope Tulú, que virán facer pasar un rato agradable a todos os asistentes con “A falta de pan, bos son os contos”.
Xa en abril a programación focalízase na celebración do Día do Libro Infantil, xunto con outra data sempre tida en conta a do Día do Autismo. Este ano unirán ambas celebracións o 1 de abril coa compañía Barafunda e o seu espectáculo baseado na superación “Pepiña Maruxiña quere voar”. Ademais do 4 ao 8 do mesmo mes o contacontos Pablísimo percorrerá as axencias de lectura do municipio con “Mans”.
No mes das Letras Galegas e homenaxeando a Manuel María e ás irmandades da Fala que, este ano están de centenario, do 9 ao 14 de maio Trinke Trinke e a súa versión de Riciños de ouro visitarán todos os centros culturais. Ademais o 10 de maio pola mañá os colexios e institutos están convidados a gozar do mago Álvaro Murás e o seu espectáculo “Manuel María con maxia e música”. Do mesmo xeito o 18 de maio día do Centenario das Irmandades da Fala na Biblioteca Luís Rei A xanela do maxín representará “A obra de Castelao en teatro de sombras” e o 21 de maio tamén na Biblioteca Luís Rei terá lugar unha sesión de Contos para bebés con Pavís Pavós.





No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.