A petición do Sr. Cura-Parroco de Cambados a posibilidade de efectuar cortes puntuais de tráfico na Praza de Fefiñáns durante a celebración dos actos litúrgicos previstos con motivo da Semana Santa; e, tendo en conta que outros colectivos interesaron tamén o peche da Rúa Rodas, durante dito período, ó igual que xa se ten feito en anteriores ocasións, e, toda vez que resulta necesario facer un reparto equitativo do espacio público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía, a fin garantizar a seguridade vial e o acceso á zona tanto dos residentes como de todas aquelas persoas que queiran participar nos actos previstos con tal motivo, e segundo o disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, circulación de vehículos a motor e de seguridade vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario e visto tamén o informe emitido polo Oficial Xefe da Policía Local logo da xuntanza mantida co Concelleiro-Delegado en materia de mobilidade e seguridade cidadá.
A Alcaldía, en uso das suas atribucións decideu....
1º.- Que se peche ó tráfico a Praza de Fefiñans, durante os días e horas que se indican a continuación:
• Domingo, día 20 de marzo: dende as 8’00 horas ata as 15’00 horas.
• Luns, día 21 de marzo: dende as 8’00 horas, ata as 8’00 horas do martes día 22 de marzo.
• Xoves, día 24 de marzo: dende as 8’00 horas, ata as 8’00 horas do sábado, día 26 de marzo.
2º.- Que se lle comunique aos xerentes ou responsables dos locais situados no percorrido das Procesións, e que dispoñan de terrazas, que deben retiralas da vía pública media hora antes do inicio das mesmas.
3º.- Que se peche ó tráfico a Praza Rodas, dende as 16’00 horas do mércores, día 23 de marzo ata as 8’00 horas do luns día 28 de marzo.
4º.- Que se publique a presente resolución no B.O.P. de Pontevedra e na páxina web do Concello, dándoselle tamén a máxima difusión a través dos diferentes medios de comunicación, para xeral coñecemento e cumprimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.