Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2016

O DERBI MÁIS DESIGUAL XÓGASE MAÑÁN NO POMBAL






Si non fora porque o deporte nin é unha ciencia exacta nin se lle parece, o partido de mañán non tería a emoción que se presupón a un enfrontamento destas características.

O pavillón do Pombal acollerá o derbi galego. Xuven Cambados volve atoparse coa súa afección despois do "desfeita" ante Sáenz Horeca Araberri, onde deixou escapar 21 puntos de vantaxe no terceiro período. E faino coa alegría e a importancia que supuxo a vitoria obtida en Ávila, que lle dá moito aire na pelexa pola salvación e mételle de cheo na loita polo último posto para o playoff. 
O líder, Marín Ence Peixegalego, chega ao duelo provincial con sete vitorias seguidas na súa mochila, as dúas últimas con moito sufrimento ante CB Tarragona e Viten Xetafe. Javi Llorente conta cunha nova peza para a súa rotación exterior: Modou Mbaye. Pola contra, Miguel Ángel Hoyo perdeu esta semana a Baru, pero podería contar co reforzo de última hora do xeorxiano Shota Gelazonia, Tida vez que a FEB dé o seu permiso. A hora de redactar esta nova no se concedera.

Data e hora: Sábado, 18:00 h. retransmitido pola G2 da TVG

Atención a: Curiosos os datos do conxunto local: tres vitorias seguidas a domicilio, catro derrotas consecutivas en casa, onde non venceu en 2016.

O dato: Cinco derbis pontevedreses ata a data en LEB Prata. Cinco vitorias para Marín.

Na primeira volta: 97-95 para os de Javi Llorente, nun encontro resolto tras un espectacular mate despois de rebote ofensivo de Javonte Green.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.