Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de marzo de 2016

INVERSIÓNS DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS








A Deputación de Pontevedra xa ten concedido o 65 por cento do total do Plan Concellos 2016 que correspóndelle ao concello de Cambados que supera os novecentos mil euros. A pasada Xunta de Goberno da institución provincial aprobou as dúas primeiras obras na localidade con cargo á liña un do plan adicadas a inversións.
Aprobouse  a mellora da capa de rodadura e dotación de beirarrúas en Burgáns  por un importe de 116.403, 96 euros. E a dotación dun transformador na praza  de abastos por valor de 73.000 euros.
En total o concello de Cambados ten solicitado, con cargo a partida de investimentos do Plan Concellos 2016 a cantidade de 531.754,16 euros para diversas obras entre as que destacan os pavimentados de camiños nas  parroquias de Vilariño e  Castrelo; o soterrado de tendidos eléctricos na rúa Real; a estación de bombeo de augas residuais de Laxes-Corvillón; a dotación dun parque infantil en castrelo; dotación de contedores soterrados na rúa Curros Enriquez; a mellora das pistas de tenis do Pombal, a adecuación do quiosco de Torrado; e o ensanche do vial na rúa cruceiro.
Cambados ten xa neste intre concedido o 65 por cento do total do Plan Concellos 2016. Inclúese neste total o plan de emprego con 202.101,65 euros; a liña de amortizacións por valor de 135.767,02 euros; e a liña de actividades con 33.941,76 euros. O concello dispón, en total no Plan Concellos 2016, a cantidade de 905.113,47 euros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.