Esta mañan, en Exposálnes, tivo lugar a firma do Convenio para a mellora do fútbol base, entre o Club Juventud Cambados e o RC Celta de Vigo.
Asistiron ao acto, Germán Arteta (Director da Fundación Celta de Vigo), Diego Sarabia (Coordinador das Escolas Deportivas do RC Celta), Matías Fontán (Presidente do CJ Cambados) e Jose Hermida (Coordinador do fútbol base).
A firma deste convenio significa un paso adiante tanto no ámbito deportivo como de formación de adestradores. Un acordo cunhas condicións beneficiosas para ambas partes, que se manifesta en apoio presencial na planificación e execución dos adestramentos, sesións formativas, asistencia a torneos, clinics, entre outros.
Así, o fútbol base do Club Juventud Cambados continúa traballando para a mellora dos medios e condicións dos nosos rapaces.
E este luns a
Fundación Celta organiza un clinic para nenos coincidindo coas vacacións escolares, Vigo, Cambados, Chapela e Dodro son os lugares escollidos para unhas actividades que pretenden «desenvolver e mellorar as capacidades específicas do fútbol, así como potenciar habilidades individuais e fomentar o traballo en equipo», destaca o club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.