Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2016

CLAUSURADO O OBRADOIRO "CAMBADOS EMPREGO XUVENIL"









A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Cambados na clausura e entrega de diplomas do obradoiro ‘Cambados Emprego Xuvenil’, un taller específico para menores de 30 anos no que un total de 20 mozos e mozas desempregados recibiron formación e accederon a un emprego.
A iniciativa, que forma parte do programa de Garantía Xuvenil e na que a Xunta investiu preto de 180.000 euros, levouse a cabo en colaboración co Concello de Cambados. Os participantes recibiron hoxe un certificado de profesionalidade nas especialidades de Confección e publicacións de páxinas web nivel 2 e Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil nivel 2.
Os alumnos e alumnas, ademais, grazas á formación recibida a través deste obradoiro, elaboraron a web turística ‘Descubre Cambados’ e realizaron propostas de marketing sociocultural e unha programación de actividades culturais dirixidas a nenos e nenas e mozos e mozas da nosa localidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.