Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2016

"A CASA DO AVÓ" ESTE DOMINGO EN TEATRO AS 6







TANXARINA
A CASA DO AVÓ



Resultado de imagen de o avo tanxarina teatro
O premio María Casares á mellor obra de teatro infantil do 2015 foi para Casa do avó, de Monicreques Tanxarina. E esa é precisamente a función que este domingo represéntase no auditorio de Cambados a partires das 18:00horas.

Escrita e dirixida por Cándido Pazó, a obra ten como protagonista a Roberto, un neno que recibe o aviso de que o seu avó vai ser desaloxado da súa casa porque foi embargada por un banco. Na medida na que o neno se pon en marcha para axudar ao seu avó dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras, nun encontro entre o cómico e o poético, que desembocan nun final feliz propiciado polo apoio solidario.
Un traballo sobre mesa con siluetas e figuras planas articuladas e coa participación dos membros da compañía Tanxarina, nun permanente xogo de relación entre bonecos, escenografías e actores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.