Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de marzo de 2016

A CAMBADESA ARACELI BUGALLO COMPETIRÁ COA SELECCIÓN ESPAÑOLA









A tiradora cambadesa Araceli Bugallo gañaba o pasado sábado a oportunidade de ser internacional coa selección española. A cambadesa participará co equipo feminino de espada de categoría veterana que disputará a próxima edición do Campionato de Europa, a principios de maio na localidade británica de Medway.

Araceli Bugallo pertence ao equipo Compostela Esgrima, entra no cuarteto hispano tras alcanzar o podio na proba nacional aberta de esgrima puntuable para o Ranking Nacional de Veteranos en Las Palmas de Gran Canaria. Unha cita na que avanzou ata as semifinais, nas que caeu coa cubana do equipo local Dianicely Marín por un axustado 10-8.
Araceli, bronce no palmarés das Palmas, coincidiu con dúas das súas tres compañeiras no Europeo, a campioa Rosa Cano, do Cidade de Vigo, e a granadina Isabel Vázquez.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.