Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de febrero de 2016

RAMÓN CARIDE PÁSASE Á MÚSICA






Acaba de lanzarse "Xeografías do deserto", parte dun proxecto músico-audiovisual iniciado no ano 2013 polos músicos Ramón Núñez e Sito Suárez tomando como base os poemas de Ramón Caride.



No proxecto teñen participación destacada tamén, entre outros, o productor musical Iago Lorenzo e os fotógrafos Sara Caride e Juan Rey.
O libro-CD, en formato digipack, que vén de aparecer no mercado é o primeiro froito desta
colaboración creativa que terá continuación o vindeiro ano coa segunda entrega, "As Flores Salgadas", actualmente en fase de pre-producción.
Tamén contará con varios actos de presentación, inicialmente en pequenos locais, dos que están confirmadas dúas datas por agora, o 29 de abril en Betanzos, e o 6 de maio en Cambados, en Exposalnés.
Os autores explican que as composicións do disco non son necesariamente adaptacións dos poemas, senón creacións ex novo que toman os textos só como punto de partida para desenvolvelos libremente. "Non se trata de musicacións de poemas, ou non só se trata diso. Son músicas abertas que recrean a atmosfera dos textos con outras ferramentas, contando coa completa colaboración do autor", argumentan.
Neste sentido, este libro-CD resulta moi distinto da inmensa maioría dos proxectos musicais adicados a poetas galegos. Velaquí unha mostra, a excelente adaptación de Manhattan (a codia dos días).

Info-Galicia Confidencial



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.