Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de febrero de 2016

O MOMO DE VILANOVA HOMENAXEARÁ A CHON







Vilanova pon a guinda ao pastel das festas do Entroido na comarca do Salnés coa celebración do "velorio" e o desfile do Momo a próxima fin de semana. A festa no municipio se presenta moi concurrida por aqueles que non desexan despedirse do desenfreno do carnaval, e se apuntan á animada proposta para o sábado e domingo de piñata. Tradición e diversión se unen durante estos dous días na localidade, con desfiles, comparsas, carrozas, orquestas e fogos de artificio como ingredientes máis atractivos
.
A festa comenza o sábado 20, víspera do día grande e xornada do "Velorio do Momo".Como todos os anos unha comitiva se concentrará na Praza do Concello para chorar a morte do "Defuntiño Anxelo", que encarna un veciño introducido nunha caixa fúnebre. Ás 20:00 horas se inicia un percorrid
o polas rúas do casco urbán, con parada nos distintos establecementos hostaleiros para repoñer forzas. Ás asiduas plañideras que participan no desfile, o Concello e a Comisión Organizadora queren que se sumen persoas disfrazadas con outras roupas para dar maior colorido ó acto. De ahí que este ano decidiran convocar unhafesta temática dos anos 70, e animen a veciños e a visitantes a acudir ataviados ao estilo desa década. Para rememorar a música setentera, nada mellor que a discoteca móvil de La Duendeneta, que animará a festa na Praza do Castro ata a medianoite.
Cartel coa data prevista nun principio

O domingo 21 de febreiro e o Día do Momo. Ás 16:00 horas comenza a concentración de carrozas, comparsas e particulares que se unen á comitiva ante a Casa do Concello. Unha hora máis tarde, parte o desfile cuxo percorrido será o o de costume: Concello, Esteiro, Vilamaior, González Besada, Juan Carlos I, e de novo González Besada ata o Paseo Marítimo, onde se queimarán as figuras do Momo e da sardiña. A identidade da persoa da que se vai a facer o muñeco manteráse en segredo para garantizar a sorpresa. A lectura do Momo será a cargo do showman televisivo Xacobe Castro, na Praza do Castro, un espectáculo de fogos artificiais con verbena amenizada polo grupo Los D´Aché, arredor das 21:00 horas que porá o broche de ouro ao carnaval de Vilanova.
Esta celebración conta con unha grande afluencia de público e participantes. As comparsas e carrozas máis representativas da comarca do Salnés e doutras partes da provincia se desplazan ata a nosa localidade. Como dato, o ano pasado acudiron ó evento 46 comparsas e carrozas con casi mil persoas desfilando na comitiva. 

No cartel deste ano hai un pequeno homenaxe a CHON polo que se agarda algunha sorpresa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.