Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2016

INCIDENCIAS DAS CHUVIAS EN GALICIA






O 60 por cento do total das incidencias rexistradas en Galicia por mor da chuvia (45) se produciron na provincia de Pontevedra. Nas últimas catro horas, os concellos de Vigo, Pontevedra e Porriño sufriron diversos anegamentos en rúas e estradas e mesmo algún corremento de terra e pedras. De feito, en Poio, a caída dun muro de contención sobre dúas vivendas unifamiliares situadas na Rúa Illa de Tambo, zona da Caeira, Poio, sorprendeu aos veciños, que rápido chamaron ao 112 Galicia. Incluso solicitaron asistencia sanitaria para unha muller que estaba a sufrir unha crise nerviosa. 

Ademais dos técnicos de Urxencias Médicas, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo e Protección Civil da localidade. Ata a zona da Caeira, se desprazou tamén unha patrulla da Policía Local. O 112 Galicia rexistrou a incidencia ás 10:30 horas de hoxe. Por outra banda, en Ponteareas, media hora máis tarde, o 112 Galicia tivo constancia dun restaurante de Moreiras que está completamente anegado, segundo afirmou o seu propietario. Indicou que a crecida do río inundou o baixo e, para resgardarse, deben permanecer na planta alta. 
O 112 Galicia pideu a colaboración dos bombeiros da vila e do Porriño. As inundacións e mesmo a formación de bolsas de auga en rúas e estradas, así como a entrada de auga en baixos e vivendas supuxeron o 48 por cento (22) do total das incidencias causadas pola chuvia (45), seguidas dos desprendementos de terra, que sumaron 11 intervencións, isto é, un 24 por cento. No resto das provincias, na Coruña se contabilizaron 10 incidencias; en Ourense, 5; e en Lugo, 3.        



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.