Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2016

ALERTA POR CHUVIA PARA TODO A FIN DE SEMANA






A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por choiva que afectará ao interior da provincia de Pontevedra nas vindeiras horas.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a última hora desta tarde iniciarase un fenómeno meteorolóxico adverso por choiva no interior da provincia de Pontevedra, que se prolongará durante a fin de semana. A precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 80 mm. O resto das provincias permanecerán en alerta amarela por choiva, cunha previsión de acadar os unha precipitación acumulada en 12 h superior a 45 mm.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos, Deputación, asociacións de Voluntarios de Protección Civil e Bombeiros; así como aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicos e empresas correspondentes.
Tamén recordáselle á poboación á importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores. Ademais aconsellase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.