Unha colisión múltiple saldouse con tres persoas feridas. Tratouse dunha colisión por alcance na que se viron implicados un total de tres vehículos que circulaban pola estrada que une Cambados e Pontevedra, á altura do lugar do Sineiro. No cruzamento entre a avda. de Vilariño e o Camiño do Castro. O CAE 112 Galicia recibiu a alerta dun particular ao fío das 14:30 horas de hoxe. A partir de aí, solicitouse a intervención dos técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cambados.En concreto, duas das ocupantes dun coche da marca Suzuki, nai e filla, queixábanse de dor cervical e torácico; mentres que a condutora do turismo que sufriu os maiores danos, un Opel cuxa parte dianteira quedou esnaquizada, sinalaba dor torácica. A que manexaba o terceiro vehículo implicado, un Chevrolet, saíu ilesa.
As feridas foron trasladadas ao Hospital do Salnés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.