Hoxe enterámonos que un pai vai pedir A TÍTULO INDIVIDUAL, a edición do vídeo gravado no Salón de Plenos do noso Concello da recepción que os Reyes Magos fixeron o pasado dia 5. Para que non se vexan as imaxes da sua filla en tal evento e anima a que se unan a el a outros pais que crean que se vulneraron os seus dereitos.Cada cal defende os seus intereses, algo co que nunca estaremos en desacordo, pero o máis lóxico é defendelos sempre. E non nos referimos a este caso senón a todos os casos nos que a política está presente.
O vídeo estivo so uns dias na internet a petición dos pais que foron para ensinarllo aos seus fillos ao chegar a casa, Inicialmente so ia estar en streaming e o Venres xa foi eliminado da canle de YouTube do Concello.
E xa hai un cartel na entrada do Concello avisando dás cámaras e como poden exercer os seus dereitos calquera veciño, para que en futuras emisións cada un sepa a que está exposto.A canle de Youtube do Concello non é unha canle política e unha canle oficial e institucional do Concello de Cambados, Canle política e por exemplo a do Partido Popular de Cambados onde sae ou vídeo promocional do candidato e líder dá oposición e nel saen nenos xogando a o baloncesto nun adestramento do Xuven.
E nese acto que era un acto público emitiuse en streaming por que era día laboral e chovía e non todolos nenos ian poder ir cos seus pais ao Concello, ademáis de que había varios medios entre eles canle Rias Baixas gravando o acto.
Supoñemos que enviará escrito a esta canle no caso de que vexan imaxes da filla de este cambadés ou aos xornais onde aparezan imaxes de diferentes actos aos que acuda.E resulta curioso que demande que retiren imaxes da sua filla e que el mesmo comparta imaxes de menores na carreira da san Silvestre solidaria no facebook da sua webcoa excusa de que foron publicadas polo clube de atletismo. O clube é unha asociación sen ánimo de lucro e a sua web contén anuncios supoñemos que non cobrará por telos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.