O Brico Depôt Valladolid soubo manexar ao seu antollo o choque ante o Xuven Cambados e gañou con folgura (84-74) e sen pasar apuros durante todo o partido. O equipo de Iñaki Martín tomou a dianteira no primeiro cuarto, evitou caer no xogo de correr e tirar que sempre propoñen os galegos, mostrouse solidario e non acusou as baixas de dous puntais como Sergio de la Fuente e Davichu Ortega.
Shota Gelazonia destacou durante a primeira parte, con 14 puntos e seis rebotes, e demostrou o seu dominio nos espazos interiores. Ao termo dos dous primeiros cuartos o Brico Depôt mandaba por 42-33, cun xogo solidario e sen dar tregua aos amarelos.

O Brico Depôt non sufriu no último cuarto, no que mantivo a vantaxe, aínda que coas cautelas pertinentes ante un Xuven Cambados capaz de dar a volta ao marcador grazas ao seu xogo sen pausa. Con todo, os galegos non tiveron o día, ben freados polos vallisoletanos. Astilleros e Antonio Izquierdo destacaron no tramo final e acabaron con 16 e 13 puntos respectivamente. Gelazonia comandou a anotación local con 19 puntos para unha nova vitoria dos de Pucela que equilibran a marcadora de triunfos e derrotas ao comezo da segunda volta, aínda que non puideron gañar o 'basket-average' aos galegos.

Shota Gelazonia (19), Miguel González (5), Antonio Izquierdo (13), Daniel Astilleros (16), Pablo Pérez (4) -quinteto inicial-, Gillespie (0), Jota Lobato (9), Tury (11), Jonathan Arranz (0), Graham-Bell (7)
Xuven Cambados
Joel Almeida (18), Alberto Rodríguez (8), Orellano (4), Erik Quintela (9), Callaghan (4) -quinteto inicial-, Chapela (6), Hopfgartner (15), Villamil (3), Díaz del Río (0), Sergi Quintela (7)
ÁRBITROS
López Herrada, Padros Feliú.
PARCIAIS POR CUARTO
19-13, 23-20, 18-15, 24-26
Fonte: EL NORTE DE CASTILLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.