NIVEL DE ALERTA: LARANXA/AMARELO

Tamén se esperan intensos ventos, especialmente durante a xornada do domingo, que afectarán a gran parte do territorio galego e non só aos litorais, estimándose que poderían alcanzarse os 90 km/h. en numerosos puntos do interior e intensidades aínda maiores no interior da provincia de Pontevedra (arredores das Serras de Faro e Suído).
En previsión destes feitos, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén o Plan Especial de Protección Civil ante risco de anegamentos en fase de ALERTA.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.