A Coral Polifónica de Cambados celebra o 30 de xaneiro (sábado) un festival benéfico a favor da agrupación local de Cáritas. É na Sociedade Cultural, a partir das 20 horas, e o pago de entrada é voluntario. Así, cada asistente poderá decidir con que cantidade apoia a iniciativa da coral. O espectáculo consiste nun concerto no que compartirán escenario as voces das corales de Cambados, Rosalía de Castro 
de Vilagarcía e da Illa cos músicos da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.
Tamén actuará a solista Josefa Dorado, unha veciña de Meaño residente en O Grove, e os grupos Añoranza e Xironsa, por iso é polo que o espectáculo será moi variado en canto a estilos e gustos musicais. O diñeiro recadado destinarase a familias en dificultades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.