Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de enero de 2016

APROBADA DEFINITIVAMENTE DÚAS NOVAS ORDENANZAS EN CAMBADOS










APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS E PUBLICACIÓN DO SEU TEXTO ÍNTEGRO
Finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamacións, entendese elevado automáticamente a definitivo o acordo de aprobación inicial adoptado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24.09.2015, ata agora provisional, procedéndose á publicación do seu texto íntegro, para xeral coñecemento:
“REGULAMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL 

DO CONCELLO DE CAMBADOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Cambados acordou regular o Centro de Loxístico do Polígono Industrial Sete Pías, denominado a partir da aprobación do presente regulamento como “Centro de Desenvolvemento Local”, en adiante “CDL”. Dentro do CDL deberanse regular os seguintes espazos:
• Viveiro de Empresas, catro despachos destinados a albergar empresas de recente creación e proxectos de autoemprego que, pola súa viabilidade, poidan contribuír en termos económicos, comerciais, de emprego, etc., ao desenvolvemento do municipio.
• Aulas de formación.
• Local en cesión á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés e Sala de Xuntas.
Mediante este Regulamento defínense, no capítulo I, fundamentalmente, os elementos esenciais do procedemento para a selección das empresas beneficiarias dos espazos comprendidos no viveiro, e os dereitos e obrigacións das partes no contrato de prestación de servizos a subscribir pola utilización e desenvolvemento da súa actividade no espazo asignado, establecéndose un tempo máximo de ocupación de dous anos prorrogable por outro ano máis. Ademais do local en cesión a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés cos dereitos e obrigacións das partes no contrato de prestación de servizos a subscribir pola utilización e desenvolvemento da súa actividade no espazo asignado, establecéndose un tempo máximo de ocupación de catro anos prorrogable.
No capítulo II, regulase ó uso das aulas de formación e a sala de xuntas, o seu uso por parte das empresas existentes no viveiro de empresas, por parte doutras empresas interesadas en alugar as aulas para impartir formación, asociacións veciñais, de xuventude, ou de calquera tipo, e incluso as actividades formativas que queira impartir o propio Concello de Cambados.

Máis información: preme aquí

APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E REUTILIZACIÓN DE DATOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
O Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión celebrada o día 22.12.2015 acordou, por unanimidade, aprobar inicialmente a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos do Concello de Cambados.
En cumprimento do disposto polo artigo 49 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, queda exposto ó publico o expediente, polo prazo de trinta días, a efectos de exáme e reclamacións. De non formularse estas, entenderase automáticamente elevado a definitive o referido acordo de aprobación inicial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.